Bebé, experiencia contrastada para a banda esquerda
O futbolista atesoura gran experiencia no fútbol profesional.
O Racing Club Ferrol formalizou a contratación de Tiago Manuel Días Correia "Bebé" (Cabo Verde, 12/07/1990), que se incorporará ao club despois de rescindir a semana pasada a súa vinculación co Rayo Vallecano, entidade á que estivo unido nas últimas oito tempadas.
Bebé, que ten pasaporte portugués, é un extremo esquerdo cun amplo percorrido futbolístico. Con pasado en equipos como o Manchester United, aterrizou en España na tempada 2014/15 da man do Córdoba, ao que chegou cedido polo Benfica. Rayo Vallecano e SD Eibar foron os seus seguintes destinos, antes de recalar definitivamente na entidade de Vallecas (cunha cesión polo medio no Real Zaragoza), onde se asentou no fútbol español e converteuse nun dos xogadores máis emblemáticos dos últimos anos.
O atacante portugués, que destaca polo seu potente disparo, ten ás súas costas unha bagaxe de 231 partidos no fútbol profesional español, 162 deles na máxima categoría.