Skip to main content

O argentino Emanuel Insúa, novo fichaxe de inverno do Racing Club Ferrol

A súa incorporación supón reforzar a posición lateral, un dos principais obxectivos do club.

There are no reactions yet. Be the first!

Emanuel Mariano Insúa Zapata (Buenos Aires, 10 de abril de 1991) aterra no Racing Club Ferrol procedente do Club Atlético Banfield da Primeira División Arxentina.

O futbolista formouse nas categorías inferiores do Boca Juniors, co que chegou a debutar con 20 anos e no que permaneceu alternando titularidade durante varias tempadas. Tamen conta con experiencia na máxima categoría fóra da súa terra natal, concretamente en Italia -no Udinese Calcio-, en Grecia -militando nas filas do Panathinaikos FC- e tamén en España -onde competiu na LaLiga EA Sports formando parte do Granada CF-.

Emanuel desenvolve o seu xogo como lateral, o cal suporá un importante reforzo para o equipo nunha posición a fortalecer de cara a esta segunda volta.

Benvido Emanuel!