Skip to main content

Heber Pena regresa a casa

O xogador ferrolán é un dos reforzos deste mercado invernal

There are no reactions yet. Be the first!

A última xornada do mercado invernal de fichaxes tráenos o regreso a casa de Héber Pena.

O xogador ferrolán afrontará a súa cuarta etapa no club (co que rematou contrato o pasado verán), despois dun breve paso polo FC Vicela portugués.

cunha dilatada traxectoria no fútbol nacional, antes da súa última saída, Héber Pena (16 de xaneiro de 1990) completou tres exitosas campañas vestindo a camiseta racinguista, a última das cales convertido nun dos principais activos na mellor primeira volta da súa historia no fútbol profesional.

Agora, regresa a casa para aportar velocidade, desborde, maior presenza ofensiva e liderar ao equipo neste tramo decisivo do campionato.