Skip to main content
GL

Venta de entradas para a bancada visitante en Riazor

O club dispensará 150 localidades

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol porá mañá á venda as entradas que o Real Club Deportivo da Coruña lle facilitou para a grada visitante de cara ao partido que o domingo, ás 17.00 horas, se disputará no estadio Abanca Riazor.

Das 210 entradas remitidas pola entidade herculina, o Racing Club Ferrol reservou 50 para grupos de animación e 10 para compromisos do club, polo que finalmente serán 150 as que se porán á disposición dos abonados.

A venda comezará mañá mércores, ás 10.00 horas, e realizarase de forma presencial nas oficinas de A Malata. As entradas son nominativas e terán un prezo de 20€. Venderase só unha entrada por abonado, pero cada persoa que acuda a A Malata poderá retirar dúas localidades, xustificando sempre a identidade dos seus portadores e a súa condición de abonados a través do DNI ou o carné de abonado.