Chamorro, onde sentirse ferrolán é inevitable
A nosa primeira equipación homenaxea ao alto que domina a cidade.
Non é unha cuestión de fe, é unha cuestión de sentimento, de agarimo, de enerxía que nos conecta a ese lugar no que, probablemente, nos Sintámonos máis ferroláns ca en ningún outro sitio: O alto de Chamorro, aos pés da nosa Señora do Nordés e dominando coa vista os confíns dese río que nos enche de orgullo.
Ese miradoiro cunha vista privilexiada da nosa casa, A Malata, pero dende o que abarcamos tamén coa mirada boa parte de Ferrolterra é o protagonista da nosa primeira equipación, coa que, da man de adidas, competiremos en LALIGA Hypermotion. Un miradoiro cuxa silueta nos acompañará impresa.
Poderiamos decivos que é verde, como non podería ser doutra forma; que é sobria, como o momento histórico que atravesa o club; que é sinxela, como os valores que nos definen... Pero sabemos que non necesita artificios nin literatura para que vos enamoredes dela sinxela e chán porque é A NOSA.