Eneko Jauregi completa a dianteira do Racing Club Ferrol
O Racing Club Ferrol completa o seu tridente atacante co fichaxe do delantero centro vasco Eneko Jauregi (Muxika, 13/07/1996), que nas próximas horas se incorporará á disciplina da formación verde. O futbolista chega procedente da SD Amorebieta, na que militou nas dúas últimas tempadas.
De feito, Jauregi tivo un papel destacado hai dúas tempadas no ascenso da formación bizkaina, nunha tempada, a 22/23, na que anotou 15 tantos. O pasado exercicio, en LALIGA Hypermotion, marcou 6 goles en liga e unha na Copa do Rei, tras asinar 39 partidos en total e 2.435 minutos.
Aos seus 28 anos, Eneko Jauregi acumula unha notable experiencia no fútbol nacional. Formado nas categorías de base da SD Gernika, chegou á Real Sociedad na súa etapa xuvenil. Do cadro donostiarra pasou ao Córdoba, en Segunda División, antes de recalar no Atlético Levante, UCAM Murcia, LLEida Esportiu e San Sebastián de los Reyes. A iso hai que sumarlle unha pequena etapa de 14 partidos no Asteras Trípoli da Superliga grega.
Con 1,87 metros de altura, Jauregi destaca pola súa envergadura, capacidade de definición e bo desempeño no remate de cabeza.
Desexámoslle toda a sorte e o acerto do mundo na súa nova etapa no Racing Club Ferrol. ¡Benvido!