Skip to main content
GL

Erick Cabaco únese ao Racing Club Ferrol

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol chegou a un acordo con Erick Cabaco (Montevideo, 19/04/1995) para que o defensa uruguaio se incorpore ao equipo departamental. O futbolista, que chegou xxxx a Ferrol, pasará mañá o recoñecemento médico e as probas físicas para poñerse a continuación ás ordes de Cristóbal Parralo.

Cabaco, que actúa na demarcación de central, procede do Estoril Praia da Primeira División portuguesa, co que a pasada tempada disputou seis partidos antes de sufrir unha lesión de xeonllo da que está plenamente recuperado. O futbolista uruguaio conta cunha notable experiencia no fútbol nacional, ao que chegou na tempada 2017/18 da man da UD Levante. Durante tres tempadas defendeu a camiseta granota na máxima categoría antes de dar o salto ao Getafe, no que tamén completou tres exercicios en Primeira. De aí pasou ao Granada, co que conseguiu o ascenso a Primeira División.

O central acumula 80 partidos en Primeira, con 2 goles e máis de 5.480 minutos; e 15 partidos e 962 minutos en LALIGA Hypermotion.

¡Benvido, Erick!