Estreamos nova identidade visual, web e app
Renovamos a nosa identidade corporativa cun estilo moderno e arraigado nos nosos valores. Tamén estreamos web e app para dispositivos móbeis
Arraigados á nosa comunidade, fieis ao noso legado histórico e comprometidos con Ferrolterra. Así nos sentimos e así pretendemos que o reflicta a nosa imaxe, para o que estreamos unha nova identidade visual cun estilo alineado cos valores do club.
Nas últimas semanas xa adiantamos a través das nosas creatividades en redes sociais o novo aspecto que a partir de agora ilustrará esa identidade corporativa, xalonada de elementos impregnados na rica herencia cultural e espírito vibrante de Ferrol pero, sobre todo, que evocan o orgullo, a paixón e comunión existente entre a comarca e o club.
De forma paralela a esta identidade visual estreamos tamén unha nova web máis moderna, dinámica e funcional. Unha plataforma ao servizo da información e tamén do entretemento que confiamos en que se converta no epicentro da comunicación entre o club e a comunidade racinguista. A través dela poñeremos á vosa disposición datos e información do equipo, pero tamén unha coidada área multimedia con galerías de imaxes e vídeos.
Como complemento, podedes atopar unha nova aplicación para dispositivos móbiles, no entorno Android e Apple.
O obxectivo é que, de cara á nova tempada, os abonados racinguistas poidan xestionar a través de ambas as súas tarxetas de abono dixitais e concentrar mediante un usuario único a súa interacción co club. Unha interacción que pretendemos abrir non só aos abonados, senón tamén aos afeccionados e simpatizantes da entidade, que terán acceso a información e contidos premium.