Skip to main content
GL

Jesús Ruiz e Yoel Rodríguez cimentan a portería racinguista

Xunto con Emilio Bernad, completan a terna de porteiros para a vindeira tempada

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol pon a súa portería a bo recaudo grazas á incorporación de Yoel Rodríguez e Jesús Ruiz que, xunto con Emilio Bernad, se encargarán de defender a meta do cadro ferrolán na próxima tempada.

Con un notable bagaxe profesional ás súas costas, Yoel Rodríguez (Vigo, 28/08/1988) permítenos sumar experiencia a esta demarcación. O porteiro vigués, que recalca en Ferrol tras oito tempada na SD Eibar, acumula 104 partidos e 9.085 minutos en Segunda División e 82 encontros e 7.119 minutos en Primeira.

O gardameta formouse na canteira do Real Club Celta, chegando a xogar co primeiro equipo en LALIGA Hypermotion e, tras unha cesión dunha tempada no CD Lugo, en Primeira. De feito, disputou cos celestes 25 partidos na máxima categoría antes de ser traspasado ao Valencia CF. Despois de dous anos sen moitas oportunidades na capital do Turia, defendeu a camiseta do Rayo Vallecano antes de recalcar na SD Eibar na tempada 2016/17. Desde entón, e tras unha tempada cedido en Valladolid, defendeu os colores do conxunto armero e converteuse nun dos xogadores máis apreciados pola afección.

Jesús Ruiz (Esplugues de Llobregat, 20/0//1997), pola súa banda, procede da AD Alcorcón, equipo no que militou as catro últimas tempadas, tres delas en Segunda División e unha en 1ª RFEF, a 22/23 na que conseguiu o ascenso de categoría.

O gardameta completou a súa etapa formativa na UE Cornellà e no RCD Espanyol. De feito, coa primeira destas entidades estreouse en Segunda División B na tempada 2016/17. Desde entón, pasou pola UD Ibiza e a SD Tarazona antes de enrolarse no filial de RCD Mallorca. Na súa estancia na illa chegou a ir varias veces convocado co primeiro equipo. Tras un breve regreso ao Tarazona, Jesús Ruiz fichou no exercicio 20/21 pola AD Alcorcón, onde foi gañando protagonismo ata converterse nunha das súas referencias. Jesús disputou 43 partidos en LALIGA Hypermotion con 3.870 minutos.

Dende o Racing Club Ferrol queremos desexarlles a ambos a mellor das sortes. Xunto coa nosa afección, faremos todo o posible para que vos sintades en Ferrol como en casa.