Skip to main content
GL
Cantera

Os xuvenís mantéñense invictos.

O equipo da Liga Nacional consegue o seu terceiro triunfo consecutivo

There are no reactions yet. Be the first!

Terceira vitoria na tempada para un Racing Club Ferrol A que coa súa vitoria ante o RC Deportivo B consegue un plano de triunfos no arranque da Liga Nacional. Os ferroláns venceron por unha mínima (1-0) nun partido moi igualado que se decidiu grazas a un penalti transformado polos locais na primeira parte.

Tamen moi igualada resultou a visita do noso xuvenil B ao CD Lugo B, na competición Preferente Futgal. Pero, neste caso, pequenos detalles decantaron o duelo a favor da escadra lucense que en algunhas fases do partido foi lixeiramente superior.

Foi a única nota negativa dunha xornada na que, polo demais, todos os encontros se saldaron con triunfo dos nosos equipos.

Algúns por un contundente marcador, como é o caso do cadete A, que goleou (6-0) ao CD Lugo B na Preferente Futgal. O conxunto que dirixe Juan Martín e Míchel Alonso foi moi superior física e futbolísticamente e encarrilou a contenda con dous goles antes do primeiro cuarto de hora de xogo.

Cómoda vitoria tamén do cadete B en 1ª Futgal no derbi local ante a SRD Portuarios (0-3) nun partido que dominou en todo momento.

Máis traballada foi a vitoria dos infantís A na División de Honra ante a Escola de Fútbol DSC. O cadro ferrolán encarrilou o partido con dous goles na primeira hora, pero o seu adversario non se amilou e logrou restablecer a igualdade. Na última acción do partido, os racinguistas anotaron o definitivo 2-3.

Finalmente, na 1ª Futgal infantil, o Racing B derrotou ao Ural Español B (3-1) tras superar o gol en contra co que o seu oponente os sorprendeu no arranque do partido. A partir de aí, controlando o xogo, logrou a remontada.