Skip to main content
GL
Cantera

A liga comeza con vitorias para a canteira

Os dous primeiros partidos da liga pecharon con vitoria para o Racing Club Ferrol xuvenil de Liga Nacional e para o equipo infantil masculino que milita en 1ª Futgal

There are no reactions yet. Be the first!

A primeira xornada da competición para as nosas categorías de base saldouse con sendas vitorias da nosa formación xuvenil A, na Liga Nacional, e do infantil B, na 1ª Futgal. Dous partidos intensos nos que os nosos conxuntos víronse obrigados a remontar un marcador adverso.

Racing Club Ferrol-Valladares (2-1)

Liga Nacional Xuvenil

Non comezou moi entoado o equipo que dirixe Nacho García na súa contenda fronte ao Valladares. A súa falta de tensión nos minutos iniciais, custoulle encaixar un primeiro tanto no minuto 20 de xogo. Foi o acicate que os ferroláns necesitaban para mostrar a súa mellor versión e, pouco a pouco, gañar terreo no campo e comezar a xerar cada vez máis ocasións.

O empate chegou na reanudación, aos cinco minutos, obra de Daniel González. O Racing Club Ferrol experimentou os seus mellores minutos de xogo, con continuas ocasións de gol. Froito delas forzou un penalti que Joel Tenreiro convertería no minuto 61 no 2-1. Con este resultado chegouse ao final do partido, pero o certo é que, a teor dos achegamentos dos ferroláns sobre a portería rival, a renda podería ter sido incluso superior.

Racing Club Ferrol-Sofán (2-1)

1ª Futgal Infantil Masculina

O equipo infantil B superou ao Sofán por 2-1 nun choque no que se viu sorprendido de inicio por un tanto do seu adversario aos 7 minutos de xogo. O Sofán, máis físico e con máis experiencia na categoría, desequilibrou o partido nos compases iniciais pero, pouco a pouco, os pupilos de Rogelio Rey foron crecéndose e, desde o control do balón, pasaron a dominar a contenda. Antes do descanso, cunha acción de Grabriel Ramos, conseguirían o empate e, xa no tempo de prolongación da segunda metade, a raíz dunha contra, anotarían o gol que lles valeu a vitoria