Skip to main content
GL

A Oficina de Clubes da LALIGA visita ao Racing Club Ferrol

As sesións de traballo dan continuidade ao asesoramento regular que dende este organismo se realiza en torno aos proxectos estratéxicos do club.

There are no reactions yet. Be the first!

A Oficina de Clubes de LALIGA visitounos este xoves en A Malata co propósito de radiografar a situación na que se atopa a entidade e analizar a evolución dos proxectos estratéxicos nos que o Racing Club Ferrol está inmerso.

Liderada por Jaime Blanco, unha comitiva formada por integrantes das oito verticais a través das que LALIGA articula a súa actividade traballou durante toda a xornada con representantes dos departamentos de Infraestruturas e Negocio, Tecnoloxía, Internacional, Comunicación, Estratexia Dixital, Comercial e Marketing, Marca e Recursos Humanos.

As sesións, nas que tamén estivo presente o Director Xeral do Racing, Carlos Mouriz, permitiron avaliar as iniciativas que o Racing Club Ferrol ten en proceso e dan continuidade ao seguimento que a Oficina de Clubes realiza regularmente co club, asesorándoo no desenvolvemento deses procesos estratéxicos e contribuíndo á detección de oportunidades e innovacións vinculadas coa industria do deporte.