Skip to main content
GL

PARTE MÉDICO

There are no reactions yet. Be the first!

DAVID CASTRO: Está a evolucionar favorablemente do virus abdominal que padece dende principios de agosto. Experimentou unha notable melloría nos últimos días. Esta semana someterase a unha revisión na unidade de Medicina Interna do CHUF Arquitecto Marcide para valorar a súa evolución e a pauta a seguir.

NACHO SÁNCHEZ: Durante o partido do sábado ante o Málaga CF sufriu un traumatismo torácico que lle provocou un neumotórax dereito. Á conclusión do partido foi trasladado a un centro hospitalario onde quedou ingresado. Segundo a súa evolución, recibirá o alta hospitalaria nas próximas horas, así como a pauta a seguir para a súa reincorporación á actividade deportiva.

ERICK CABACO: No adestramento do pasado venres sufriu un estiramento muscular no recto interior da perna dereita. Está pendente de probas médicas para determinar o alcance da súa dolencia.