Skip to main content
GL

Parte médico | Evolución dos xogadores con molestias

There are no reactions yet. Be the first!

Unha vez realizados os exames médicos pertinentes, confírmase que Fran Manzanara sofre unha lesión musculotendinosa no adutor da súa perna esquerda. O período de baixa dependerá da súa evolución, pero estímase en torno ás 8 semanas. Moi Delgado, arrastra unhas molestias no pubis que lle impediron xogar por precaución o partido de onte domingo ante o Club Deportivo Eldense e que lle obrigarán a gardar repouso nos próximos días. Pola súa parte, Brais Martínez sufriu unha pequena recaída da lesión no adutor que o mantiveron afastado dos terreos de xogo nas últimas semanas. O futbolista está pendente de someterse a unha resonancia magnética que determine o alcance da súa dolencia. No que ao resto de xogadores con problemas físicos se refire, David Carballo evoluciona favorablemente da pequena distensión na xeonllo que lle impediu xogar ante o CD Eldense. Do mesmo xeito, Eric Cabaco, Rober Correa e Eneko Jauregi enfilan a recta final da súa recuperación. Aínda que non se pode concretar aínda o seu regreso, nos próximos días poderían ir incorporándose ao traballo en grupo de forma paulatina.