Skip to main content
GL

O Racing busca facerse forte en A Malata

Os ferroláns reciben á SD Huesca o domingo ás 16.15.

There are no reactions yet. Be the first!

Duas vitórias consecutivas deram ao Racing a tranquilidade para continuar a traballar na construción do bloque e solidez que Cristóbal Parralo busca no seu equipo. Dúas vitorias, pero tamén duas porterías a cero que devolveron ao cadro verde a credibilidade defensiva.

Profundar nesa liña e facerse forte en A Malata son agora os retos cos que o conxunto verde enfronta a visita da SD Huesca, dentro da décima xornada de LALIGA Hypermotion. O enfrontamento, programado para as 16.15 horas do domingo, enfrontará aos ferroláns cun dos adversarios que máis forte comezou o campionato, unha SD Huesca que, con 16 puntos, ocupa a terceira posición na clasificación.

Para a confrontación, Cristóbal Parralo contará coas baixas de Eric Cabaco, Aitor Buñuel, Brais Martínez e Luis Perea. Reincorpórase ao grupo Nacho Sánchez, superadas as súas molestias físicas e Bebé, recén chegado da súa estadía coa selección nacional de Cabo Verde para a disputa de dous partidos internacionais.

No que respecta á SD Huesca, Antonio Hidalgo conta coas baixas de Óscar Sielva e Gerard Valentín, ambos sancionados.

CONVOCATORIA: Bernad, Delmás, Rober Correa, Puric, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Álex López, Eneko Jáuregi, Josep Señé, Nacho Sánchez, Bebé, Yoel, Aitor Gelardo, David Castro, Fran Manzanara, Josue Dorrio, Manu Vallejo, Álvaro Giménez, Moi Delgado, Jesús Ruiz e David Carballo.