Skip to main content
GL

Renova o teu abono. Renova a túa ilusión.

Campaña de avogados tempada 24/25

There are no reactions yet. Be the first!

Conseguir a renovación de todos eses afeccionados que a pasada tempada nos acompañaron no regreso ao fútbol profesional é o obxectivo co que o luns 22 de xullo comezaremos a nosa campaña de abonados de cara ao exercicio 24/25. Unha campaña que se presenta baixo o lema "Renova o teu abono. Renova a túa ilusión". Con este chamamento pretendemos mobilizar a nosa masa social, conscientes de que acudir a A Malata trascende o plano estritamente deportivo para converterse nunha experiencia inmersiva de carácter lúdico, social e interxeracional. 

Co teu abono non só renovas o teu dereito de presenciar cada quince días un partido de fútbol, senón a oportunidade de reunirte cos teus amigos, de gozar dunha xornada de festa, de pasar tempo coa túa xente, de defender con orgullo o nome da túa cidadeRenovas, en definitiva, a ilusión que a todos nos embargou dende que chegamos ao fútbol profesional.

Despois de anos mantendo os mesmos prezos dos abonos -o que o ano pasado supuña unha diminución efectiva xa que se ofertaban dous partidos máis-, esta tempada plantexouse un pequeno incremento que, aínda así, nos manteñen na franxa de prezos máis baixos dos clubes de LALIGA Hypermotion. Fixemos un esforzo para manter as mesmas categorías prestando especial atención aos sectores máis novos da poboación, nos que confiamos estar a sembrar unha semente racinguista que crece con forza. 

Acordo coa realidade actual do club e tendo en conta que o ano pasado o aforo de A Malata estivo completo, a campaña plantexouse en tres fases: Renovación de abonos, cambio de asentos e mellora e novas altas.

A primeira delas (RENOVACIÓN) arrincará o luns 22 de xullo e prolongarase ata o día 4 de agosto. A segunda, orientada a cambios de asento e melloras, desenvolverase entre o 6 e o 9 de agosto; mentres que a última, na que se realizarán novas altas se hai aforo dispoñible, terá lugar a partir do 12 de agosto

No caso das renovacións e as novas altas, poderán realizarse tanto nas oficinas de A Malata como de forma online a través do enlace https://racingclubferrol.compralaentrada.com/abonos/renovar ; mentres que os cambios de asento e melloras tramitaranse só de forma presencial

Toda a información sobre o proceso pódela atopar neste enlace: CAMPAÑA DE ABOADOS 20024/25