Visita ao CPI O Feal
Delmás, Nacho e Perea compartiron parte da mañá co alumnado do centro
There are no reactions yet. Be the first!
O CPI O Feal recibiu esta mañá a visita dunha delegación do equipo. Julián Delmás, Luis Perea e Nacho compartiron a parte final da mañá coa comunidade educativa do centro e gozaron dun espléndido recibimento por parte dun alumnado entregado. Os cativos e cativas exerceron de xornalistas indagando sobre distintas cuestións relacionadas co mundo do fútbol e do propio Racing. Como sempre, houbo tempo tamén para tomarse fotos, asinar un bo número de autógrafos e empaparse de racinguismo.
¡Grazas por todo o afecto que sempre nos mostrades!