Este mediodía, unha representación do plantel acudiu ao colexio Jesús Maestro dentro da actividade organizada pola Fundación Racing Club Ferrol.

Os xogadores Jose Cruz, Adrián Armental e Brais Abelenda, acompañados polo Manager do club, Gerardo Molina foron aclamados á súa chegada ao centro e gozaron cos alumnos de educación primaria. Os xogadores responderon ás preguntas dos nenos, asinaron autógrafos e ata se atreveron a facer uns rondos con algúns afortunados.

Deja un comentario