Skip to main content
GL
Primer Equipo

Manu Vallejo, novo xogador do Racing Club Ferrol

O futbolista conta cunha notable experiencia no fútbol profesional.

There are no reactions yet. Be the first!

Manu Vallejo (Chiclana, 14/02/1997) vestirá esta tempada a camisola do Racing Club Ferrol despois de que o club chegara a un acordo co xogador para a súa incorporación inmediata. Vallejo, que xa está en Ferrol, porase mañá mesmo ás ordes de Cristóbal Parralo.

O futbolista, que ocupa a demarcación de mediapunta, chega procedente do Girona, aínda que a tempada pasada xogou cedido no Zaragoza. Formado nas categorías de base do Cádiz CF, co que estreouse na segunda División na tempada 2017/18.

Dende alí deu o salto á máxima categoría da man do Valencia CF no exercicio 2019/20. Despois de tres tempadas e unha breve cesión no Alavés, recalou no Girona FC. Real Oviedo e Real Zaragoza foron os seus últimos destinos en préstamo.

Vallejo acumula unha dilatada traxectoria no fútbol profesional, no que acumula 147 partidos (68 deles en Primeira). Na última tempada, no equipo mañés, xogou 29 partidos cun total de 914 minutos, nos que anotou dous goles.

O mediapunta conta con experiencia internacional, en 2019 vestiu a elástica da selección sub 21, coa que chegou a disputar ese ano a Eurocopa.