A proposta da Delegación de Ferrol da Federación Galega de Fútbol, este fin de semana o fútbol de Ferrolterra mostrará o seu rexeitamento á violencia nos campos, e en concreto no fútbol base polos feitos ocorridos a pasada semana no fútbol balear.

Desta forma, en todos os partidos do fin de semana sairán ao terreo de xogo, ademais dos xogadores de ambos equipos, os familiares e corpo técnico para realizar o saúdo FAIR-PLAY e demostrar así o noso rexeitamento á violencia no fútbol.

Deja un comentario