Esta mañá pechouse o fichaje do galego Bruno Rivada de 24 anos para as dúas próximas tempadas. Nacido en Redondela, formado nas categorías inferiores do Pontevedra CF xogou tamén no CD Mirandés e a UD San Sebastián dos Reis.

Bruno Rivada incorporarase aos adestramentos esta mesma tarde onde poderá coñecer ao resto dos compañeiros.

O xogador de 20 anos Raúl Tavares converteuse no día de hoxe en novo xogador racinguista.

Tavares formouse nas categorías inferiores do Real Madrid e a súa etapa xuvenil no Getafe CF. A pasada tempada estivo nas filas do filial do Getafe onde conseguiu o seu ascenso á Segunda División “B”.

Tavares xa se incorporou esta mesma tarde ao adestramento co resto dos seus compañeiros

¡Bienvenido Tavares!

 

O mediocentro de 32 anos Iker Rodellar converteuse no día de hoxe en novo xogador racinguista. O xogador natural de San Sebastián firma por dúas tempadas e chega procedente do Talavera con pasado en Real Unión, Real Sociedade “B” entre outros.

¡Bienvenido ao Racing Iker!

 

O extremo dereito de 31 anos, Dani Abalo converteuse no primeiro fichaxe da tempada ao asinar o contrato que o vincula ao noso club para as dúas próximas tempadas.

Dani Abalo, natural de Villagarcia de Arousa, chega procedente do FC Cartagena con pasado en Langreo, Alavés, e Celta de Vigo entre outros.

¡Benvido ao Racing!

Na mañá de onte, o Presidente Jose María Criado, recibiu de mans do Presidente da Real Federación Española de Futbol Luís Rubiales o Trofeo de Campións da Terceira División Española do Grupo I.

O acto de entrega a todos os campións das diferentes ligas nacionais, ha ter lugar no Salón de Actos “Luís Aragonés”na Cidade do Fútbol (Rózalas- Madrid)