O I Trofeo Isidro Silveira,  en recordo do noso querido Presidente, celebrouse esta tarde na Malata cun triangular entre Racing,  Celta e Sporting.  O conxunto vigés alzouse co trofeo ao vencer no primeiro partido ao Sporting de Gijón por 2-0, mentras que no enfrentamento ante o Racing finalizou con empate sen goles. No outro encontro, Racing – Sporting, a victoria foi para o conxunto asturiano por 0-3.

Bonita homenaxe a que tivo o noso Presidente con preto de 3000 afeccionados nas gradas da Malata.