Outro dos xogadores que pechou a súa continuidade con nos é Adrián Armental que esta mesma mañá asinou a súa renovación de cara ás dúas próximas tempadas.
Despois de que a pasada semana se chegase a un acordo para a continuidade de Gonzalo de cara á tempada 2017/2018, esta mañá fíxose efectivo dito acordo coa sinatura do contrato de renovación. O centrocampista seguirá un ano máis vestindo a camiseta verde.
Esta mañá o central, Nano Macedo asinou a súa renovación coma racinguista por unha temporada máis. Unha boa noticia para o noso club que seguirá contando cun gran futbolista. A renovación do central herculino únese á de Mackay e Brais Abelenda que asinaron fai uns días a súa continuidade.