Ferrol, 22 de outubro de 2019– O Racing Club de Ferrol, S.A.D., celebrará o próximo 14 de novembro o partido de celebración do CENTENARIO. O Sevilla FC será o noso invitado de honor para tan importante celebración, ao que agradecemos públicamente todas as facilidades mostradas, para que “O partido do Centenario” sexa toda unha festa racinguista.

Esperamos que todo o racinguismo sómese a este partido especial, que seguro, perdurará no noso recordo.

O partido disputarase na Malata o xoves 14 de novembro ás 20 horas e nos próximos días informaremos do prezo das entradas.

Ferrol, 17 de outubro de 2019: Esta mañá, na Sala de Prensa da Malata, levouse a cabo a entrega do premio MELLOR XOGADOR ESTRELA GALICIA, do mes de setembro.

Representantes dos medios de comunicación elixiron, nun principio, a Diego Rivas, Quique Fornos e Raúl Tavares, para que finalmente os afeccionados a través dos seus votos en RRSS, convertesen a Raúl Tavares no MELLOR XOGADOR ESTRELA GALICIA, cun 43% dos votos.

Tavares recibiu o premio de mans de José Pouse, Delegado Comercial da Zona de Ferrolterra. O xogador mostrouse moi agradecido “recibir un premio individual sempre é moi gratificante, grazas aos meus compañeiros e á afección polo apoio”

  • A cervecera lanza unha edición especial de botellas que visten as cores do club coa que se suma á conmemoración deste fito histórico para o deporte ferrolano.
  • Este lanzamento vai a asociado a unha promoción nos collarines  das botellas pola que se poden conseguir abonos para acompañar ao Racing esta tempada.

 

Ferrol, 16 de octubre- Esta mañá presentouse sobre o céspede da Malata a nova edición especial de botellas de Estrela Galicia en homenaxe ao centenario do Racing de Ferrol. Os capitáns do equipo aproveitaron a ocasión para brindar con José Villanueva, responsable de patrocinios deportivos de Fillos de Rivera, por este fito histórico para o club ferrolano e manifestar o seu desexo de que se converta nun impulso para o seu regreso a 2ªB.

A cervecera galega, patrocinador oficial do club, lanza así unha edición especial de botellas que visten as cores do equipo e que conteñen unha promoción nas súas collarines pola que se poden conseguir abonos para acompañar ao Racing de Ferrol na segunda volta desta tempada decisiva. En torno a millón e medio de botellas de 20 e 33 cl. con esta imaxe distribuiranse na canle de hostelería do área de Ferrol ata final de existencias.

Estrela Galicia é o principal apoio dos clubs de fútbol máis relevantes de Galicia e o seu vinculación coa afección de cada un deles materialízase habitualmente co lanzamento de edicións especiais das súas botellas que visten as cores dos respectivos clubs e que pretenden acompañar os brindis dos seguidores polos triunfos do seu equipo.

Hoxe o noso Racing cumpre 100 maravillosos anos, peñas, colectivos e afeccionados celebrárono de diversos xeitos, bengaleo, andaina, plantación dun carballo nos arredores da Malata con festa incluída para finalizar o día.

Numerosas felicitaciones de afeccionados, futbolistas, ex futbolistas, entidades, e numerosos equipos non se esqueceron deste día. Grazas a todos xa que logo agarimo.

Sen dúbida una das felicitaciones máis entrañables foi a do xornalista ferrolano afincado en Madrid, Jose Luís Allegue, na que, a máis dun púxonos a carne de galiña. É por iso que queremos compartir convosco este audio.

https://www.ivoox.com/me-llamo-racing-ferrol-hoy-cumplo-audios-mp3_rf_42636840_1.html