Este mediodía, os xogadores Quique Fornos, Bruno Rivada e Diego Seoane, continuando coas visitas aos diferentes centros escolares que o solicitan, a través da Fundación Racing Club Ferrol, visitaron, nesta ocasión, aos alumnos do Colexio Belén. Como noutras ocasións, os xogadores charlaron e contestaron ás preguntas dos alumnos, quen recibiron entradas para presenciar o partido do próximo sábado contra o Real Oviedo “B”.

Ferrol, 21 de febreiro de 2020- O vindeiro sábado 9 de maio Ferrol será protagonista dunha das citas musicais de 2020 na provincia. O dúo zaragozano Amaral visitará Ferrol dentro do seu vira de presentación do seu último disco “Salto al Color” e dará un concerto de longa duración na explanada do FIMO (Recinto Ferial de Punta Arnela). Este concerto formará parte dos actos programados este ano con motivo da celebración do centenario do Racing Club de Ferrol.

Tras varios anos centrados en compoñer e gravar este novo álbum, Eva Amaral e Juan Aguirre, Amaral, publicaron este novo traballo o pasado 6 de setembro, sendo un dos discos máis exitosos do panorama nacional en 2019 alcanzando o número 1 da lista de vendas española.

O grupo define este novo disco como “unha zambullida a un océano de cores sonoras onde conviven madeira e metal, corazón e cortiza”. Intégrano 13 pistas, que inclúen un guiño a Galicia cunha versión dunha cantiga de Martín Códax, que conta coa colaboración de Carlos Núñez.

En novembro de 2019, Amaral foi nomeado ao Premio MTV EMA Awards a mellor grupo español e ademais recibiu o 40 Golden Music Awards por toda a súa carreira. Son exemplo de que é posible lograr o apoio do público e da crítica. A súa forma de entender a música e a xestión da súa carreira, desde o compromiso e a liberdade, convertéronlles nun referente indiscutible da música española.

As entradas para este especial concerto poñeranse á venda o vindeiro martes 25 de febreiro ás 11:00 da mañá na web www.amaral.bringthenoise.events.

Ferrol, 20 de febrero de 2020- O vindeiro sábado día 29 de febreiro ás 18h, visítanos o Real Oviedo “B”, e a Fundación Racing Club Ferrol organiza unha recolleita solidaria de alimentos a favor do Banco de Alimentos de Ferrolterra.

Como noutras ocasións, ser solidario e colaborar con esta iniciativa terá unha bonificación nas entradas que supón un desconto do 50% no prezo habitual.

 

PRECIO ENTRADA PRECIO BONIFICADO
FONDO SUR 10 € 5 €
PREFERENCIA 12 € 6 €
TRIBUNA 15 € 7,50 €

 

O horario da oficina durante esta semana de Carnaval, será o seguinte:

Luns e martes: 10-14 h.

Mércores e xoves: 10-14 h e 17- 19 h.

Venres: 10-14 horas

Sábado: 11-13 horas

Ferrol, 11 de febreiro de 2020- O vindeiro domingo día 16 as 12 do mediodía disputaremos un nova xornada de liga na Malata, nesta ocasión, visítanos a UD Ibiza, e queremos que a nosa casa énchase de racinguismo. Por iso, lanzamos unha promoción exclusiva para os nosos abonados, que poderán retirar entradas para os seus amigos ou familiares.

Cada abonado poderá retirar 2 ENTRADAS A 5 EUROS, independientemente da localidade e da categoría da que sexa abonado,  ditas entradas serán da mesma grada que o abonado.

O horario da oficina durante esta semana será o seguinte:

Mércores e xoves: 10- 14 horas e de 17 a 19 horas

Venres: 10-14 horas

Sábado: 11-13 horas

 Esta promoción será válida só en venda anticipada.

O xoves día 6 de Febreiro, na Sé Afundación Obra Social Abanca sita na Praza Constitución s/n, terá lugar a inauguración da Exposición do Centenario.

A exposición poderase visitar desde o venres 7 de febreiro ata o 7 de marzo en horario de luns a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21.00 horas.