O equipo pechou a Liga cunha derrota ante o Ribadumia (2-1). Luís adiantou aos nosos no minuto 57, pero Hugo Soto e Cheri voltearon o marcador na recta final. O tropezo, sen consecuencias na táboa, corta unha racha de sete vitorias consecutivas. O luns, a partir das 16:30, coñeceremos ao noso rival na eliminatoria de campións polo ascenso a Segunda B.

Antes de comezar o partido, o equipo local rendeu unha sentida homenaxe aos verdes polo recente campionato: o once titular do Ribadumia, acompañado por futbolistas da base, formou un corredor para felicitarnos polo título.

Sobre o campo houbo pouca historia. O conxunto de Luís Carro, xa descendido, non pelexaba por ningún obxectivo clasificatorio. Pola súa banda, Emilio Larraz presentou un once plagado de novidades no que destacou a presenza dos xuvenís Jorge Tomei e Luís. Chema, Joel, Borja Hernández, Marcos Álvarez e Sanmartín, fóra da alineación ante o Racing Villalbés, tamén recuperaron a titularidad.

Ambos equipos loitaron polo control da pelota, pero víronse poucas ocasións. Aínda así, o equipo gozou de varias aproximaciones perigosas para adiantarse no primeiro tempo. Luís, ao cuarto de hora, esixiu a Anxo cun axustado disparo que puido supoñer o 0-1; no minuto 37, o cumpleañero Javi Sanmartín topouse coa madeira noutro remate claro. O cadro ribadumiense apenas inquietou a meta de Chema.

Con catro xuvenís no céspede, trala entrada de Borja Pita e Iñaki no descanso, Luís asinou o primeiro gol no minuto 57: o seu testarazo, a centro lateral de Quique Fornos, foi imparable para o meta. A escuadra anfitriona respondeu pronto. No minuto 67, Hugo Soto aproveitou un pase profundo de Gabi para superar a Chema no un para un; no 79′, un remate cruzado de Cheri, a envío de Eloy, supuxo o 2-1 definitivo.

Ficha técnica:

Ribadumia: Ángel; Gabi, Javi Domingo, Diego Abal, Rodri; Manu (Monchito, min. 63); Cerqueiras, Cheri, Óscar, Fran Fandiño (Eloy, min. 70); e Hugo Soto (Aarón Paredes, min. 70).

Racing Club Ferrol: Diego Rivas; Quique Fornos, Joel, Jorge Tomé (Iñaki, min. 46), Villarejo (Borja Pita, min. 46); Fer Beltrán (Moreira, min. 62), Borja Hernández; Marcos Álvarez, Pablo Rey, Luis; e Javi Sanmartín.

Árbitro: García Rodríguez (A Coruña). Amonestó con tarjeta amarilla al jugador local Diego Abal.

Goles: 0-1 Luis (min. 57). 1-1 Hugo Soto (min. 67). 2-1 Cheri (min. 79).