O equipo feminino xa é unha realidade. No día de onte as novas xogadoras comezaron a adestrar da man de Beni Rubido e Patricia Sánchez. O equipo competirá esta tempada na Segunda División Galega- Grupo I.

Coa intención de construír un proxecto de futuro para os próximos cinco anos, o equipo conta con todas as súas xogadoras sub 21 e con iso pretende fomentar a promoción do fútbol feminino e a presenza da muller no deporte.

O equipo compóñeno as seguintes xogadoras:

NOMBRE PROCEDENCIA
ANDREA AGULLÓ RC DEPORTIVO
ALESSANDRA PÉREZ RAPIDO DE NEDA
ALBA PÉREZ RC DEPORTIVO
UXIA CABADA GALICIA DE MUGARDOS
LETICIA DE NAZARE SILVA CULTURAL MANIÑOS
SOFIA MARTÍNEZ COCIÑA PERLÍO
ALBA PERMUY AMISTADE MEIRAS
LUCÍA BELLÓN CEDEIRA
MARTINA SOTO NARÓN
ANIA RODRÍGUEZ NARÓN
ANTÍA FERNÁNDEZ GALICIA DE MUGARDOS
SOFIA MARTÍNEZ CEPEDA GALICIA DE MUGARDOS
LARA FONTE GALICIA DE MUGARDOS
ELIZABETH GAÑÁN GALICIA DE MUGARDOS
LUCÍA BARBEITO BREXO LEMA
NEREA REY PORTAZGO
ZAIRA GONZÁLEZ GALICIA DE CARANZA

Doutra banda as xogadoras Aroa González (Galicia de Caranza), Laura Testa (Narón ou Freixo), Clara Pérez e Sabela Romeu (Galicia de Mugardos) xogarán cos seus respectivos equipos pero durante a tempada realizarán adestramentos específicos, un día á semana co noso equipo.