Ferrol, 12 de novembro de 2021.

Dende a Fundación Racing Club Ferrol estamos orgullosos de poder presentar ao noso equipo FUNDACIÓN RACING CLUB FERROL.

En primeiro lugar, gustaríanos agradecer ás asociacións que están a colaborar connosco e que fixeron posible que hoxe podamos dar esta noticia. Souto de Leixa, ASPANEPS e Nuestra señora del Chamorro, son e serán os nosos compañeiros de viaxe neste bonito proxecto.

O equipo está formado por 17 mozos de diferentes idades con discapacidade intelectual, un equipo que respira integración social, esforzo, superación e, sobre todo, moita ilusión por todas as partes.

Sen dúbida, unha gran noticia para a familia racinguista xa que, contar co equipo Fundación Racing Club Ferrol NOS HACE FUERTES.