Ferrol, 10 de febreiro de 2021.

Jon García proclámase novo xogador do mes de xaneiro alcanzando o 65% dos votos, seguido de Diego Rivas co 20% e Bruno Rivada co 15% restante.

Jon, quiso ter unhas palabras para a xente que o votaron “gracias a la afición por este premio. Espero poder recibir alguno más en lo que queda de temporada y, sobre todo, que el equipo pueda sumar de 3 en 3”.

Por outro lado, tamén quiso facer alusión á noticia do cese do adestrador Emilio Larraz “no tengo más que buenas palabras para él, como entrenador y como persona. Esto es fútbol y estas cosas pueden pasar, pero nadie duda de su trabajo en el Club”