O fútbol de Ferrolterra tivo o seu recoñecemento este venres coa celebración dos Premios Volta a Ría que otorga a Delegación en Ferrol da Federación Galega de Fútbol.

O Racing Xuvenil, polo seu ascenso á División de Honra, os xogadores Álex Ramos, Sergio Otero, Luis Rodríguez e Alberto Rodríguez pola súa participación coa Selección Galega Sub-18 e os equipos da Escola: Benxamín A e Alevín A coma campións dos seus respectivos grupos nas ligas locais, foron os premiados por parte do noso clube.

 

Álex Ramos, Alberto Rodríguez, Sergio Otero e Luis Rodríguez, acompañados polo Delegado en Ferrol da FGF, Manolo Mesa.

 

O equipo Benxamín A posa coas súas medallas e trofeo coma campión do Grupo 1º da Liga Local xunto ao alcalde da cidade, Jorge Suárez.

Os membros do Alevín A, campións do Grupo 22, con Iván Balaguer coma adestrador.