Ferrol, 17 de outubro de 2019: Esta mañá, na Sala de Prensa da Malata, levouse a cabo a entrega do premio MELLOR XOGADOR ESTRELA GALICIA, do mes de setembro.

Representantes dos medios de comunicación elixiron, nun principio, a Diego Rivas, Quique Fornos e Raúl Tavares, para que finalmente os afeccionados a través dos seus votos en RRSS, convertesen a Raúl Tavares no MELLOR XOGADOR ESTRELA GALICIA, cun 43% dos votos.

Tavares recibiu o premio de mans de José Pouse, Delegado Comercial da Zona de Ferrolterra. O xogador mostrouse moi agradecido “recibir un premio individual sempre é moi gratificante, grazas aos meus compañeiros e á afección polo apoio”