Por primeira vez en moitas semanas podemos falar dun fin de semana moi propicio para os nosos equipos. A vitoria de onte do primeiro equipo ante o Rápido de Bouzas puxo o colofón a unha boa xornada dos equipos de base da entidade. O Racing Xuvenil segue con paso firme na parte alta da táboa.