Abrimos o  prazo de inscrición para participar no XVI Campus de Fútbol Base “Xoga no Racing” 2018 organizado pola Fundación Racing Club Ferrol, e que terá lugar nas instalacións da Malata do 25 ao 30 do próximo mes de xuño.

Dirixido a nen@s entre os 6 e os 13 anos, o campus é unha actividade lúdica e ten coma obxetivo principal que os nen@s se divirtan e ademáis melloren as súas habilidades e técnicas futbolísticas. Ademáis de moito fútbol haberá rocódromo, kaiak-polo, xogos populares, e unha mañá de deporte no areal da Praia de Ares.

@s participantes do Campus terán a oportunidade de coñecer a xogadores profesionais e na tarde do venres disfrutarán dunha master class cun adestrador de primeiro nivel.

Con dúas opcións de inscrición: Media pensión, na que se inclue o almorzo, ou só actividades con horario partido de mañá e tarde. O precio varia tamén en función da opción elexida e se é xogador da Escola de Fútbol, abonado ou fillo de abonado do Racing.

Para máis información fai “click aquí” e descárgate o tríptico coa folla de inscrición.

 

 

A práctica totalidade dos equipos da Fundación Racing Club Ferrol e da Escola de Fútbol R. Ferrol puxeron xa o punto final as súas respectivas competicións, e en xeral con moi bos resultados para a maioría de eles.

A nota sobresainte a puxo o Racing Xuvenil co seu ascenso á División de Honra, máxima categoría do fútbol nacional, e na que militará a próxima temporada ao finalizar na 4ª praza con 70 puntos do Grupo 1º da Liga Nacional Xuvenil.

O Racing Cadete A aplaude a entrada dos xogadores do Racing Xuvenil no último partido disputado na Gándara.

Na División de Honra Cadete, o Racing A logrou a permanencia ao finalizar 13º con 41 puntos. Tamén, un ano máis, o Racing B seguirá na Liga Galega Cadete xa que acabou no 15º lugar con 30 puntos.

Foto de equipo do Racing Cadete A no último partido de liga.

Racing Cadete B

No que se refiere aos infantís: o Racing A logrou manterse na Liga Galega ao finalizar 3º con 36 puntos na Fase de Permanencia – Grupo Norte, mentras que o Racing B acabou coma tercer clasificado no Grupo 3º da Liga Local.

Racing Infantil A

Racing Infantil B

En canto á Escola de Fútbol R. Ferrol, destacar o bo traballo que realizaron todos os monitores e adestradores tendo en conta que o obxetivo é a formación dos alumnos deixando nun segundo plano os resultados. Non entanto, os nosos equipos participaron nas seguientes competicións:

equipo Feminino polo momento todavía está en competición xa que está inmerso nas semifinis do Campionato de Copa. Este domingo disputarán o partido de volta no Poboado ante o As Pontes. O noso equipo parte coa ventaxa do 2-0 conseguido na Malata o pasado fin de semana polo que ten opcións de poder disputar a final. No que se refiere á Liga de Fútbol-8 as nenas finalizaron nunha 8ª praza con 47 puntos.

Equipo Feminino

Outro dos equipos que todavía non finalizaron a temporada é o equipo Veterán xa que este fin de semana iniciará o Campionato Galego Absoluto grazas ao 4º posto que acadou no Campionato de Liga da División de Honra Grupo 1º Coruña.

No resto das categorías xa se puso fin ás competicións con estos resultados:

Infantil Escola- 1ª Fase Grupo B: 6º clasificado. Torneo Delegación Grupo 4º: 2º clasificado. Fase Campións Grupo 4º: 4º clasificado.

Alevín A – 1ª Fase Grupo A: 3º clasificado. 2ª Fase Grupo 22: 1º clasificado.

Alevín B – 1ª Fase Grupo C: 7º clasificado. 2ª Fase Grupo 23: 4º clasificado.

Alevín C – 1ª Fase Grupo C: 1º clasificado. 2ª Fase Grupo 21: 3º clasificado.

Alevín D – 1ª Fase Grupo D: 8º clasificado. 2ª Fase Grupo 23: 10º clasificado.

Benxamín A- 1ª Fase Grupo B: 1º clasificado. 2ª Fase Grupo 21: 1º clasificado conseguindo así a súa clasificación para disputar a Fase Intermedia do Campionato Provincial na Estrada onde finalizaron na 4ª posición.

Benxamín B – 1ª Fase Grupo A: 8º clasificado. 2ª Fase Grupo 23: 6º clasificado.

Benxamín C – 1ª Fase Grupo C: 6º clasificado. 2ª Fase Grupo 23: 2º clasificado.

Benxamín D- 1ª Fase Grupo B: 10º clasificado. 2ª Fase Grupo 24: 11º clasificado.

Prebenxamín A – 1ª Fase Grupo B: 2º clasificado. 2ª Fase Grupo 21: 3º clasificado.

Prebenxamín B – 1ª Fase Grupo C: 8º clasificado. 2ª Fase Grupo 23: 6º clasificado. Torneo Convivencia – Concello Fene Grupo 2º: 4º clasificado.

Prebenxamín C – 1ª Fase Grupo C: 6º clasificado. 2ª Fase Grupo 22: 6º clasificado. Torneo Convivencia – Concello Fene Grupo 2º: 1º.

            Familia Escuela Fútbol R. Ferrol

 

 

 

. Consulta os horarios dos nosos partidos facendo “click aquí”

 

O Racing Xuvenil competirá a próxima temporada na máxima categoría do fútbol nacional.  O ascenso á División de Honra celebrouse este mediodía en Villagarcía ao vencer ao Arosa por 0-3 e a falta dunha xornada para finalizar a competición.

Dende aquí a noraboa a todo o corpo técnico e xogadores por este gran éxito.

Emoción non lle falta á penúltima xornada da Liga Nacional Xuvenil, co horario unificado de domingo ás 12:00 horas, para decidir tanto os postos altos da táboa (ascenso) coma os baixos (descenso).

Por sorte, ao Racing Xuvenil lle toca competir na zona de privilexio da clasificación. Cun pé e medio na División de Honra de cara á próxima tempada, os pupilos de Manel Fernández e Fran Cainzos queren celebrar ese ascenso mañá mesmo. Despois de escaparse a celebración en casa o pasado fin de semana ao non pasar do empate ante o Lugo, o noso equipo chega a esta xornada coa necesidade de sumar tan só un punto para alcanzar o seu obxetivo. Por diante terán 90  minutos para conseguilo no campo Manuel Jiménez de Villagarcía enfrontándose ao Arosa, ainda que o rival tamén se a xoga. Neste caso, para non perder a categoría xa que serán os cinco últimos clasificados os que digan adeus á Liga Nacional.

“Concentración e xogar sen ansiedade” son as claves para gañar mañá en palabras do técnico Manel Fernández, quen destaca a gran segunda volta que está facendo o equipo con só 1 derrota en 15 partidos disputados.

O equipo Benxamín A da Escola de Fútbol R. Ferrol participa hoxe na Estrada na Fase Provincial da categoría. Coma campión do grupo da Liga Local, o equipo que adestra Nacho García Rodríguez, gañouse un posto nesta fase que o enfrontará hoxe pola mañá ao Alt. Riveira, Ural e Victoria. Xa pola tarde celebrarase o cadro final.

. Se queres coñecer os partidos da fin de semana “click aquí”

 

Non puido ser e o peor confirmouse esta tarde na Malata. A próxima tempada o Racing xogará de novo na 3ª División. Chegouse á última xornada da liga regular con vida pero ao final empat a 3 goles ante o Rayo Majadahonda, equipo que se proclamou campeón do grupo 1 de 2ª B e que xogará a promoción de ascenso a 2ª. Nosoutros finalizamos na décimo oitava posición con 40 puntos e xunto co Toledo, Gimnástica Segoviana e Cerceda, equipos que nos acompañarán o próximo ano en 3ª División.

Agradecer á afección o esforzo que fixeron durante toda esta dura tempada 2017/2018 e que se reflexará coma unha temporada negra na nosa historia.

O descenso a 3ª División certificouse esta tarde co empate ante o Rayo Majadahonda e Ricardo relatou en sá de prensa como estaba o vestiario: “Imaxínate como están. Moi mal e non se pode estar peor. Hoxe é un dos días máis tristes que vivín no fútbol.” O técnico recoñece que este descenso non chega polo partido de hoxe: “non se poden por excusas. Tivemos moitas oportunidades, moitos partidos para sacar isto adiante e non fumos capaces.” E non oculta que: “o problema foi fora de casa que non dimos coa tecla adecuada para gañar fora.” Se auto critica sinalando: “que agora hai que analizar os erros que cometín e aprender de eles.” Ao mesmo tiempo que pide perdón aos xogadores “por non haber podido dar con esa tecla para salvar ao equipo.” Ricardo, que finaliza contrato co club esta temporada, polo momento descoñece onde estará o seu futuro e despediuse na sá de prensa cun agradecemento: “a Carlos Mouriz por confiar en min, ao club, á cidade e á afección.”

 

O ascenso á División de Honor de Xuvenís non se puido celebrar esta mañá na Gándara por parte do Racing Xuvenil, aínda que mañá, dependendo do resultado do Vitoria, pódese conseguir xa de forma matemática.

Emocionante partido o que se viviu esta mañá ante o CD Lugo e que finalizou con reparto de puntos. 3-3 reflectiu o marcador final. Dous goles de Sanmatín e un de Álex Ramos facían soñar cunha celebración ao grande xa que sempre se foi por diante no marcador, aínda que o conxunto visitante foi capaz de empatar ata en tres ocasións.

Un empate ou derrota do Vitoria que xoga mañá en casa do Porriño daríanos o ascenso. Pola contra, haberá que esperar á próxima xornada na que hai unha nova oportunidade para conseguir o obxectivo.