A práctica totalidade dos equipos da Fundación Racing Club Ferrol e da Escola de Fútbol R. Ferrol puxeron xa o punto final as súas respectivas competicións, e en xeral con moi bos resultados para a maioría de eles.
A nota sobresainte a puxo o Racing Xuvenil co seu ascenso á División de Honra, máxima categoría do fútbol nacional, e na que militará a próxima temporada ao finalizar na 4ª praza con 70 puntos do Grupo 1º da Liga Nacional Xuvenil.
Na División de Honra Cadete, o Racing A logrou a permanencia ao finalizar 13º con 41 puntos. Tamén, un ano máis, o Racing B seguirá na Liga Galega Cadete xa que acabou no 15º lugar con 30 puntos.
No que se refiere aos infantís: o Racing A logrou manterse na Liga Galega ao finalizar 3º con 36 puntos na Fase de Permanencia – Grupo Norte, mentras que o Racing B acabou coma tercer clasificado no Grupo 3º da Liga Local.
En canto á Escola de Fútbol R. Ferrol, destacar o bo traballo que realizaron todos os monitores e adestradores tendo en conta que o obxetivo é a formación dos alumnos deixando nun segundo plano os resultados. Non entanto, os nosos equipos participaron nas seguientes competicións:
O equipo Feminino polo momento todavía está en competición xa que está inmerso nas semifinis do Campionato de Copa. Este domingo disputarán o partido de volta no Poboado ante o As Pontes. O noso equipo parte coa ventaxa do 2-0 conseguido na Malata o pasado fin de semana polo que ten opcións de poder disputar a final. No que se refiere á Liga de Fútbol-8 as nenas finalizaron nunha 8ª praza con 47 puntos.
Outro dos equipos que todavía non finalizaron a temporada é o equipo Veterán xa que este fin de semana iniciará o Campionato Galego Absoluto grazas ao 4º posto que acadou no Campionato de Liga da División de Honra Grupo 1º Coruña.
No resto das categorías xa se puso fin ás competicións con estos resultados:
Infantil Escola- 1ª Fase Grupo B: 6º clasificado. Torneo Delegación Grupo 4º: 2º clasificado. Fase Campións Grupo 4º: 4º clasificado.
Alevín A – 1ª Fase Grupo A: 3º clasificado. 2ª Fase Grupo 22: 1º clasificado.
Alevín B – 1ª Fase Grupo C: 7º clasificado. 2ª Fase Grupo 23: 4º clasificado.
Alevín C – 1ª Fase Grupo C: 1º clasificado. 2ª Fase Grupo 21: 3º clasificado.
Alevín D – 1ª Fase Grupo D: 8º clasificado. 2ª Fase Grupo 23: 10º clasificado.
Benxamín A- 1ª Fase Grupo B: 1º clasificado. 2ª Fase Grupo 21: 1º clasificado conseguindo así a súa clasificación para disputar a Fase Intermedia do Campionato Provincial na Estrada onde finalizaron na 4ª posición.
Benxamín B – 1ª Fase Grupo A: 8º clasificado. 2ª Fase Grupo 23: 6º clasificado.
Benxamín C – 1ª Fase Grupo C: 6º clasificado. 2ª Fase Grupo 23: 2º clasificado.
Benxamín D- 1ª Fase Grupo B: 10º clasificado. 2ª Fase Grupo 24: 11º clasificado.
Prebenxamín A – 1ª Fase Grupo B: 2º clasificado. 2ª Fase Grupo 21: 3º clasificado.
Prebenxamín B – 1ª Fase Grupo C: 8º clasificado. 2ª Fase Grupo 23: 6º clasificado. Torneo Convivencia – Concello Fene Grupo 2º: 4º clasificado.
Prebenxamín C – 1ª Fase Grupo C: 6º clasificado. 2ª Fase Grupo 22: 6º clasificado. Torneo Convivencia – Concello Fene Grupo 2º: 1º.